O cúmulo estelar R136 estoura

Créditos da imaxe: NASA, ESA, e F. Paresce (INAF-IASF), R. O’Connell (U. Virginia), e o comité científico de supervisión do HST WFC3

Explicación: no centro da rexión de formación estelar 30 Doradus atópase un xigantesco cúmulo coas estrelas máis grandes, quentes e masivas que se coñecen. Esas estrelas, coñecidas colectivamente como cúmulo estelar R136, foron capturadas enriba en luz visible pola recentemente instalada cámara da amplo campo no tamén reformado Telescopio Espacial Hubble. Nubes de gas e poeira en 30 Doradus, tamén coñecida nomo nebulosa da Tarántula, foron esculpidas en formas alongadas polos ventos poderosos e as radiacións ultravioleta procedentes das estrelas dese quente cúmulo. A nebulosa 30 Doradus atópase nunha galaxia da nosa veciñanza coñecida como a Gran Nube de Magallanes e está localizada a 170.000 anos luz de distancia.

Texto orixinal no APOD.