Descúbrese remuíño no polo sur de Titán


Créditos da imaxe: Cassini Imaging TeamISSJPLESANASA
Explicación: que está a pasar sobre o polo sur de Titán? Semella que se está a formar un vórtice de bruma, aínda que ninguén está seguro de por que. A fotografía superior en cores naturais amosa o rasgo de cor clara. O remuíño atopouse en imaxes tiradas o mes pasado cando a nave espacial robótica Cassini sobrevoou a estraña lúa de Saturno envolvida en atmosfera. A Cassini só foi quen de ollar o vórtice meridional debido a que a súa órbita ao redor de Saturno viuse impulsada recentemente fóra do plano no que se moven os aneis e as lúas. Estanse a amorear os indicios ao respecto do que creou o enigmático rasgo, incluíndo que o aire de Titán parece estar a afundirse no centro e erguéndose ao redor dos bordos. No inverno, porén, descende lentamente sobre o sur de Titá, polo que o vórtice, de sobrevivir, mergullarase na escuridade durante os vindeiros anos.

Texto orixinal no APOD.