Lóstrego capturado a 7207 imaxes por segundo

[vimeo http://vimeo.com/28457062 w=1000&h=500]

Créditos do vídeo e copyright: Tom A. Warner, ZTResearch, www.weathervideoHD.TV

Explicación: cánto de rápido é un lóstrego? De feito, un lóstrego non só se move demasiado rápido para o ollo humano, senon que o fai tan rápido que os humanos non poden dicir en qué dirección se está movendo. O lóstrego de enriba non se move demasiado rápido grazas a solución que supón este vídeo con unha resolución extremadamente alta. Fraccionado a unhas incribles 7.207 imaxes por segundo, pódese ollar a progresión do tempo real ao pé do vídeo. O raio de enriba comeza coa creación simultánea de múltiples canales ionizados ramificándose dende un polo de electróns e ións cargado negativamente que dalgún xeito foi creado por correntes de aire e colisións nunha nube de choiva. Preto de 0,015 segundos despois de aparecer (o que no vídeo leva 3 segundos) unha das principais cargas serpenteantes fai contacto con un pico que aparece de súpeto movéndose cara enriba dende o solo e créase un canal ionizado que instantáneamente actúa coma un fío. Inmediatamente despois eses canais quentes laten con un enorme número de cargas que van e volven entre a nube e o chan  creando unha perigosa explosión que máis tarde escoitouse como unha treboada. Ainda descoñecemos moito acerca dos raios, incluíndo os detalles do mecanismo que separa as cargas.

Texto orixinal no APOD.