M16: os piares da creación

Créditos da imaxe: J. Hester, P. Scowen (ASU), HST, NASA

Explicación: foi unha das máis famosas imaxes dos 90. Esta imaxe, tomada polo Telescopio Espacial Hubble en 1995, mostra glóbulos gasosos evaporándose (EGGs) emerxendo dos piares do gas hidróxeno e poeira. Os piares xigantes teñen anos luz de lonxitude e son tan densos que o gas interior contráese gravitacionalmente e forma estrelas. En cada extremo dos piares a intensa radiación do brillo das estrelas xoves da lugar á evaporación do material de baixa densidade, deixando expostos criadeiros estelares de densos EGGs [ovos] A Nebulosa da Águia, asociada co cúmulo estelar aberto M16, dista preto de 7000 anos luz. Os piares da creación foron fotografados de novo en 2011 durante a orbitaxe do Chandra X-ray Observatory [observatorio de raios-X Chandra], atopáse que a maioría dos EGGS non son fortes emisores de raios-X.

Texto orixinal no APOD.