A Águia elévase

Créditos da imaxe: Apollo 11, NASACopyright da imaxe esteroscópica: John Kaufmann (ALSJ)

Explicación: saque as súas gafas 3D e olle esta notable vista estereoscópica dende a órbita da Lúa. Feita a partir de dúas fotografías (AS11-44-6633, AS11-44-6634) tiradas polo astronauta Michael Collins durante a misión Apollo 11 de 1969, o anáglifo en 3D mostra a etapa de ascenso do módulo luar, chamado The Eagle [a Águia], que se eleva para atoparse co módulo de mando, en órbita luar, o 21 de xullo. A bordo do módulo de ascenso están Neil Armstrong e Buzz Aldrin, o primeiro que camiñou sobre a Lúa. A rexión escura e cha da superficie da Lúa está o Mare Smythii, localizado xusto baixo o ecuador no bordo oriental extremo da próxima da Lúa. Deitada baixo o horizonte luar está o noso encantador planeta Terra.

Texto orixinal no APOD.