O clarexar do prato

Mira a explicación. Se moves o cursor sobre a imaxe terás a versión anotada. Premendo na imaxe terás a versión de maior resolución dispoñible.

Créditos da imaxe e copyright: Alex Cherney (Terrastro, TWAN)

Explicación: os planetas errantes Venus e Xúpiter víronse xunguidos por un vello crecente luar preto do horizonte leste do 15 de xullo. Esta calma paisaxe celeste meridional moi anterior ao mencer coa conxunción tamén inclúe ao encantador cúmulo estelar das Pléiades e as estrelas brillantes de Aldebarán e Betelgeuse nunha aliñación celeste. Para axudar á identificación de estrelas e constelacións só tes que deslizar o teu cursor sobre a imaxe. Naturalmente, o radiotelescopio do primeiro plano é o prato de 64 metros Parkes de Nova Gales do Sur (Australia). Coñecido pola súa exploración do Universo afastado en lonxitudes de onda do radio, a gran antena direccionable tamén é famosa pola súa recepción das imaxes de televisión lunar de gran calidade. O 21 de xullo de 1969, o prato recibiu as transmisións desde a Lúa que permitiron aos cidadáns do planeta Terra ollar o paseo lunar do Apollo 11.
Texto orixinal no APOD.