Un burato en Marte

Créditos da imaxe: NASAJPLU. Arizona
Explicación: que formou este estraño burato en Marte? O burato descubriuse por casualidade en imaxes de pendentes poeirentas do volcán Pavonis Mons de Marte realizadas polo instrumento HiRISE a bordo do robótico Mars Reconnaissance Orbiter que actualmente orbita Marte. O burato parece ser unha entrada a unha caverna no subsolo, parcialmente iluminada á dereita da imaxe. A análise desta imaxe e as seguintes desvelaron que a apertura ten uns 35 metros de diámetro, mentres que o ángulo da sombra interior indica que a caverna subxacente ten aproximadamente 20 metros de fondo. Por que hai un cráter circular que arrodea este burato aínda é un tema de especulación, así como a estensión completa da caverna inferior. Buratos coma este teñen un interese particular porque nas súas covas interiores estase relativamente protexido da dura superficie de Marte, convertíndoas en boas candidatas a conter vida marciana. Polo tanto, estes foxos son os obxectivos principais de posibles e futuras naves espaciais, robots e, incluso, exploradores humanos interplanetarios.
Texto orixinal no APOD.