Descuberta a quinta lúa orbitando Plutón

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Mark Showalter (SETI Institute)

Explicación: ven de ser descuberta unha quinta lúa orbitando Plutón. A lúa foi descuberta a principios deste mes nas imaxes tomadas polo telescopio espacial Hubble durante os preparativos da misión New Horizons programada para sobrevoar Plutón en 2015. Ilustrada enriba, a lúa óllase actualmente como unha pequena sinal que se move ao redor do planeta anano igual que o sistema todo o orbita lentamente os redor do Son. A lúa, que ten como denominación temporal S/2012 (134340) 1, ou P5 (sinalada na foto), ten un diámtero estimado de 15 kilómetros, e é probable que estea composta principalmete por auga xeada. Plutón continúa sendo o único corpo famoso do Sistema Solar que non foi  xamáis visitado por unha sonda construída polos seres humanos e por eso as súas orixes a os detalles da súa apariencia continúan sendo descoñecidos na súa maior parte.

Texto orixinal no APOD.