Nebulosa de Orión: a visión do Hubble

Créditos da imaxe: NASA, ESA, M. Robberto (STScI/ESA) et al.

Explicación: poucas cousas excitan a imaxinación como a nebulosa de Orión. Coñecida tamén como M42, o gas brillante rodea a estrelas xoves e quentes no bordo dunha inmensa nube molecular interestelar a soamente 1.500 anos luz de distancia. A nebulosa de Orión ofrece unha das millores oportunidades de estudar cómo as nacen as estrelas, en parte porque é a rexión de formación estelar máis cercana, e tamén porque as estrelas enerxéticas da nebulosa empurraron cara a fóra gas escuro e nubes de poeira que se podería ter bloqueado á nosa ollada, proporcionando así unha visión á intimidade das distintas etapas de nacemento e evolución estelar. Esta detallada imaxe da nebulosa de Orión é a más nítida de todas ata agora, montada usando os datos da cámara avanzada de inspección do telescopio espacial Hubble e o telescopio de 2,2 metros do European Southern Observatory [Observatorio Europeo Austral] de La Silla. O mosaico contén mil millóns de píxeles e revela preto de 3.000 estrelas.

Texto orixinal no APOD.