
Créditos da imaxe: NASA, ESA, CXC, JPL, Caltech STScIExplicación: unha das últimas entradas do famoso catálogo de
Charles Messier, a gran e fermosa galaxia espiral M101 non
unha das menores. Cuns 170.000 anos luz de diámetro,
esta galaxia é enorme, case dúas veces o tamaño da nosa propia Galaxia Vía Láctea.
M101 tamén era unha das nebulosas espirais orixinais observadas do gran telescopio de Lord Rosse do século XIX, o
Leviatán de Parsontown. En contraste,
esta imaxe multibanda do gran
universo illa é unha composición de imaxes gravadas por telescopios terrestres do século XXI, Coas cores codificadas desde
lonxitudes de onda de raios X ata os infravermellos (desde altas a baixas enerxías), os datos da imaxe tomáronse desde o
Observatorio de rayos X Chandra (púrpura), o
Galaxy Evolution Explorer (azul), o
Telescopio Espacial Hubble (amarelo) e o
Telescopio Espacial Spitzer (vermello). Mentres os datos de raios X trazan a localización do gas a moitos millóns de graos das estrelas explosionadas e as estrelas de neutróns ao redor de M101 e os sistemas estelares binarios de buratos negros, os datos de enerxías máis baixas seguen as estrelas e o po que definen os grandes brazos espirais de M101. Tamén coñecida como a
Galaxia Tarabela, M101 atópase dentro das fronteiras da constelación setentrional da
Osa Maior, a uns 25 millóns de anos luz de distancia.
Texto orixinal no APOD.