Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)Explicación: gravados na rocha, estes antigos
petróglifos son
abundantes no val de Teimareh, localizado nas Montañas Zagros do Irán central. Probablemente
contan un conto de cazadores e animais que vivían no val oriental hai 6.000 anos ou máis, gravados por artistas da idade prehistórica. Por riba, no ceo nocturno hai ronseis estelares gravados
pola rotación do planeta Terra na longa exposición da composición feita cunha moderna cámara dixital. Á esquerda, o centro dos arcos dos rastros estelares está o
Polo Norte Celeste (PNC), a extensión do eixo da Terra no espazo, con
Polaris, a Estrela do Norte, deixando o ronsel brillante, curto e groso máis achegado ao PNC. Pero cando se gravaron estes petroglifos, Polaris trazaría un arco longo ao través da noite. Xa que o eixo de rotación da Terra
precesa coma unha buxaina, hai 6.000 anos o PNC estaba preto do bordo das constelación do Dragón e a Osa Maior, a uns 30 graos da súa localización actual no
ceo do planeta Terra.
Texto orixinal no APOD.