Xente feliz que baila no planeta Terra

Créditos do vídeo: Matt Harding e Melissa Nixon; Música: Trip the Light
Explicación: que están a facer estes humanos? Bailar. Moitos humanos da Terra exhiben periodos de felicidade e un método de amosar felicidade é o baile. A felicidade e o baile trascenden as fronteiras políticas e ocorren en practicamente toda sociedade humana. Máis arriba, Matt Harding viaxou por moitas nacións da Terra, coa teima de bailar e gravar o resultado. O vídeo superior, o último dunha serie de vídeos semellantes, quizais sexa un exemplo espectacular de que os humanos de todo o planeta Terra senten un vencello común como partre dunha especie singular. A miúdo a felicidade é contaxiosa; pouca xente é quen de ollar o vídeo superior sen sorrir.

Texto orixinal no APOD.

2 reflexións sobre “Xente feliz que baila no planeta Terra

  1. Aprovecho este clásico del APOD para saludar a todos los amigos de la versión Galega.
    Siempre es bueno empezar el día con una sonrisa.

    • Si, é unha tontuna dos mozos do APOD. Pero é certo, é imposible velo sen botar un sorriso. Ademais, os lugares nos que este home conseguiu falar son unha pasada: Corea do Norte, Irak… A escena das nenas facendo malabares en Afganistán, é todo un canto á ledicia.

      As cores, o ritmo, a coreografía… é un vídeo excelente. Ogallá un contacto extraterrestre recibira estas imaxes como idea de como somos a especie humada 😉

Os comentarios están pechados.