Créditos do vídeo: Matt Harding e Melissa Nixon; Música: Trip the Light Explicación: que están a facer estes humanos?
Bailar. Moitos
humanos da Terra exhiben periodos de felicidade e un método de amosar felicidade é o baile. A felicidade e o baile trascenden as
fronteiras políticas e ocorren en practicamente toda sociedade humana. Máis arriba,
Matt Harding viaxou por moitas nacións da Terra,
coa teima de bailar e gravar o resultado. O
vídeo superior, o último dunha
serie de
vídeos semellantes, quizais sexa un exemplo espectacular de que os
humanos de todo o
planeta Terra senten un
vencello común como partre dunha
especie singular. A miúdo a
felicidade é contaxiosa; pouca xente é quen de ollar o
vídeo superior sen
sorrir.
Texto orixinal no APOD.