
Créditos da imaxe e copyright: Thomas V. Davis (tvdavisastropix.com)Explicación: a só uns 30 millóns de anos luz de distancia, a gran galaxia espiral NGC 3628 (á esquerda do centro) comparte a
súa veciñanza no Universo local con
outras dúas grandes espirais, nunha agrupación magnífica coñecida polo demais coma
o triplete de Leo. De feito, a compañeira e membro do trío M65 está preto do bordo á dereita do centro deste retrato cósmico e profundo do grupo, con M66 xusto por riba dela e á esquerda. Pero, quizais, o máis intrigante sexa a espectacular cola que se estende por abaixo e á esquerda por uns 300.000 anos luz desde o disco curvado de canto
de NGC 3628. Coñecida como unha
cola de marea, a estrutura estirouse desde a galaxia por tiróns gravitacionais durante antigas interaccións,
breves pero violentas, coas súas grandes veciñas. A cola de marea,
que non se fotografía a miúdo de xeito tan evidente, componse de cúmulos de estrelas azuladas e novas xunto con rexións de formación estelar.
Texto orixinal no APOD.