Créditos da imaxe e copyright: VegaStar CarpentierExplicación: que fica entre ti e o Sol? Aparentemente, tal e como se ollaba desde Paría a semana pasada, óllanse unha cousa detrás doutra . Primeiro, na parte dianteira, atópase a
Basílica do Sagrado Corazón, construída a finais do século XIX e localizada no outeiro máis elevado de
París,
Francia. Despois, ben por tras das torres da basílica na
imaxe superior, hai nubes finas que avanzan difundindo a luz solar. Finalmente, ao lonxe na distancia e lixeiramente enterradas na
superficie do Sol, hai
manchas solares, das que a máis destacada é a rexión de manchas solares
AR 1512 que está visible preto do centro do disco. Desde o intre no que esta imaxe do solpor se tomou, a rexión de manchas solares do extremo esquerdo, AR 1515, liberou unha
potente labarada solar. Aínda que a maior parte das partículas procedentes desta labarada espérase que non golpeen a Terra, os
entusiastas do ceo están
a vixilar os eventos do Sol que poderían provocar
auroras brillantes nunha cousa invisible que se mantén entre ti e o Sol: a
atmósfera da Terra.
Texto orixinal no APOD.