Na sombra dos aneis de Saturno

 
Créditos da Imaxe: NASA/JPL-Caltech/Space Science Institute/J. Major
Explicación: o robot da humanidade que orbita Saturno captou outra imaxe aínda máis abraiante. Ese robot, por suposto, é a sonda espacial Cassini, mentres que a nova imaxe abraiante inclúe unha lúa brillante, aneis delgadosestrañas nubes fragmentadas e sombras tortasTitán, a lúa máis grande de Saturno, aparece máis arriba tan bronceada e sen rasgos como se estivera de seguido envolta en nubes grosas.Os aneis de Saturno óllanse coma unha liña delgada porque son planas e están fotografadas case de canto. Os detalles dos aneis de Saturno son, polo tanto, mellor visibles nas sombras do anel escuro que se ve ao través das nubes altas do planeta xigante. Xa que as partículas do anel orbitan no mesmo plano ca Titán, parecen atravesar a lúa en primeiro plano. No hemisferio superior de Saturno, as nubes amosan moitos detalles, incluíndo depresións nas longas bandas brillantes que apuntan a perturbacións nunha corrente en chorro de a elevada altitude. As recentes medidas precisas de canto se dobra Titán mentres orbita Saturno apuntan a que poderían existir moi fondos baixo a superficie enormes océanos de auga.
Texto orixinal no APOD.