As capas exteriores de Centaurus A

Créditos da imaxe: E. Peng y H. Ford (JHU),K. Freeman (ANU),R. White (STScI),CTIO,NOAO,NSF

¿Que é o que causa as capas ao redor da peculiar galaxia Cen A? No 2002 publicouse unha fascinante fotografía de Centaurus procesada para ensalzar un débil arco azulado que indicaba a colisión en proceso con unha galaxia máis pequena. Sen embargo outra característica interesante de Cen A é o sistema circundante de capas, que se olla millor nesta panorámica publicada recentemente polo telescopio Blanco de 4 metros no observatorio Inter-Americano de Cerro Tololo. As capas febles ao redor alrededor das galaxias non son moi normales e considéranse como a evidencia dunha fusión galáctica previa, do mesmo xeito que ocorre coas ondas de auga nun estanque. Un dos atributos inesperados destas capas é a abundancia de gas, que debería ter saído das estrelas existentes durante a colisión.

Texto orixinal no APOD.

Nota sobre o retraso de hoxe: segundo informan na traducción española do APOD, o venres houbo unha tormenta  no Goddard Space Flight Center, que é onde se fai o APOD orixinal, o que provocou cortes eléctricos que imposibilitaron acceder á páxina que suministra con anticipación o texto en inglés para as distintas versións internacionais. A páxina continúa caída ás 17:30 hora de Galicia. O texto de enriba está traducido a partir da versión española, á que agradecemos que actualizara a súa páxina.