A Curiosity chega a Marte: sete minutos de terror

Créditos da imaxe: JPLNASA
Explicación: a vindeira semana nestes momentos, poida que haxa un novo explorador robótico abraiante sobre Marte. Ou poida que haxa unha nova morea de ferranchos. Probablemente depende todo de que moitas cousas transcorran correctamente nos minutos posteriores a que a misión Mars Science Laboratory (Laboratorio de Ciencia Marciana) chegue a Marte e tente despregar o todoterreo Curiosity desde a órbita. Podería dicirse que se trata da aterraxe máis sofisticada intentada ata o de agora sobre o planeta vermello, os eventos consecutivos e precisos inclúen un escudo térmico, un paracaídas, varias manobras de foguetes y o funcionamento automático dun dispositivo estraño denominado Sky Crane (Grúa do Ceo). Estes “Sete Minutos de Terro”; representados no emocionante vídeo superiorcomezarán no domingo 6 de agosto, sobre as 5:24 a.m. Tempo Universal (unha hora máis no noso país), que será no sábado noite do 5 de agosto para os Norteamericanos do oeste. Se resulta un éxito, o todoterreo Curiosity, co tamaño dun coche, descansará sobre a superficie de Marte, comezando cedo a explorar o Cráter Gale para determinar mellor a habitabilidade deste mundo aparentemente ermo para a vida; pasada, presente e futura. Aínda que moitos medios de comunicación poden cubrir este acontecemento, un xeito de ollar estas etapas da aterraxe desenvolvéndose é na canle en directo da NASA na internet.

Texto orixinal no APOD.

AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!