No brillo de Alfa Centauri

Créditos da imaxe e copyright: Marco Lorenzi (Glittering Lights)
Explicación: o brillo de Alfa Centauri, unha das estrelas máis brillantes no ceo nocturno do planeta Terra, inunda o lado esquerdo desta paisaxe celeste meridional. A tan só 4,3 anos luz de distancia, realmente Alfa Centauri trátase dunha estrela de dúas compoñentes similares en tamaño ao Sol, ligadas nunha órbita dunha ao redor da outra. Un tercer integrante do mesmo sistema estelar, moito máis pequeno e frío, Próxima Centauri, atópase fóra deste campo de visión. Ademais, a escena telescópica desvela cidadáns do abarrotado plano galáctico da Vía Láctea a miúdo pasados por alto que se atopan máis alá do brillo de Alfa Centauri, incluíndo unha nebulosa planetaria catalogada coma Hen 2-111, a unha distancia estimada de 7.800 anos luz. O núlceo máis brillante da nebulosa, a envoltura gasosa dunha estrela moribunda, e o halo máis feble de gas ionizado avermellado abarca uns vinte anos luz, visibles xusto á dereita do centro da imaxe. Máis lonxe á dereita hai dous destacados cúmulos abertos de estrelas, o compacto Pismis 19, tamén a uns 8.000 anos luz de distancia cunha luz avermellada polo po que se interpón, e o achegado e máis solto NGC 5617. Visible xusto no brillo de Alfa Centauri está o brillo tenue dun remanente de supernova con forma de cuncha, por riba e á dereita da estrela máis achegada ao núcleo do sistena estelar.