Simeis 188 de estrelas, po e gas

Créditos da imaxe e copyright: Dieter Willasch (Astro-Cabinet)
Explicación: cando se forman as estrelas, reina un pandemonium. Un caso particularmente colorido é a rexión de formación estelar Simeis 188 que alberga un arco anubrado estraño e brillante catalogado como NGC 6559. Enriba poden verse nebulosas de emisión de hidróxeno en vermello brillante, nebulosas azuis de reflexión de po, nebulosas escuras de absorción de po e as estrelas que se formaron a partiren delas. As primeiras estrelas masivas formáronse desde o gas denso que emitirá potente radiación e ventos que erosionan, fragmentan e esculpen o seu lugar de nacemento. E, entón, explotan. O barullo resultante pode ser tan fermoso coma complexo. Tras deceas de millóns de anos, o po consómese, o gas consegue ser varrido e todo iso deixa un cúmulo aberto de estrelas espido. Simeis 188 sitúase a uns 4.000 anos luz de distancia e pode atoparse máis ou menos a un grao zo norleste de M8, a Nebulosa da Lagoa.
Texto orixinal no APOD.