Un reloxo de sol que amosa o solsticio

Créditos da imaxe e copyright: Jean-Marc Mari
Explicación: que hora é? Se a hora e o día son correctos, este reloxo de sol vaicho dicir: SOLSTICIO. Somentes será entón cando o Sol se ubique no lugar axeitado para que a súa luz flúa ao través das aberturas e soletree o termo dos días máis longos e máis curtos do ano. E iso pasou a semana pasada e dúas veces cada ano. O reloxo de sol construíuse por Jean Salins en 1980 e atópase na Ecole Supérieure des Mines de París en Valbonne Sophia Antipolis, ao sur-leste de Francia. Noutros dous días do ano, os observadores deste reloxo de sol poderían lograr ver que xera outra palabra: EQUINOCCIO.

Texto orixinal no APOD.