A Vía Láctea sobre Piton de l’Eau

Créditos da imaxe e copyright: Luc Perrot

Explicación: ás veces, se un espera o tempo suficiente para unha noite clara e sen Lúa as estrelas regresan como nunha vinganza. Unha desas ocasións tivo lugar a principio deste mes en Piton de l’Eau, na Illa Reunión. Nun primeiro plano, rodeado por arbustos e árbores, atópase un cráter volcánico cheo de auga que refleza serena a luz das estrelas. Unha inspección polo miúdo do centro da imaxe permitirá localizar Piton des Neiges, o pico máis alto da illa, situado varios kilómetros máis aló. De fondo, ben alto sobre o lago, brilla a luz de centos de estrelas, a maioría das cales dista máis de 100 anos luz, mesmo da nosa veciñanza estelar. Lonxe na distancia, arqueada maxestuosamente sobre as cabezas, está a banda central do noso fogar a galaxia Vía Láctea, brillando coa luz de millóns de estrelas cada unha delas situada típicamente a miles de anos luz de distancia de nós. O astrofotógrafo informa que agardou durante preto de dous anos para que o ceo e as nubes permitiran tomar a foto de enriba

Texto orixinal no APOD.