Apollo 17 no cráter Shorty

Créditos da imaxe: Apollo 17 Crew, NASA

Explicación: en decembro de  1972, os astronautas do Apollo 17 Eugene Cernan e Harrison Schmitt pasaron 75 horas na Lúa no val Taurus-Littrow mentres os seu colega Ronald Evans orbitaba sobre as súas cabezas. Esta detallada imaxe foi tirada por Cernan cando el e Schmitt percorrían o fondo do val. A imaxe mostra a Schmitt na esquerda co rover luar no bordo do cráter Shorty, preto do lugar onde o xeólogo Schmitt descubriu a terra luar laranxa. A tripulación do Apollo 17 volveu con 110 kilogramos de mostras de rochas e terra, máis do que se truoxo de calquer outro lugar de alunizaxe. Agora, corenta anos despois, Cernan e Schmitt seguen a ser os últimos en facer un paseo na Lúa.

Texto orixinal no APOD.