Raio verde do norte

Créditos da imaxe e copyright: Göran Strand

Explicación: ollado dende a illa de Frösön, no norte de Suecia, o Sol púxose un día depois do solsticio de verán. Nese lugar situado por debaixo do círculo polar ártico agochouse paseniñamente no horizonte do norte. Tirada durante o minuto final do solpor esta notable secuencia de 7 imaxes segue o bordo distorsionado do disco solar ata que desaparece tras unha distante liña de árbores, capturando un raio verde e azul en todas elas. Non é un mito incluso no país das runas, os coloridos e escorregadizos reflexos están causados pola refrección atmosférica aumentada pola lonxitude e baixura da liña de visión e os fortes gradientes de temperatura atmosférica.

Texto orixinal no APOD.