WR 134, a Nebulosa do Anel


Créditos da imaxe e copyright: Don Goldman
Explicación: esta instantánea chea de cor, feita con filtros de banda ancha e estreita, cobre un campo de visión dun tamaño aproximado ao da Lúa chea nos límites da constelación do Cisne. Destácase o bordo brillante dunha nebulosa con forma de anel trazado polo brillo do gas hidróxeno e osíxeno ionizados. Incrustado na rexión de nubes interestelares de gas e po, os arcos complexos e brillantes son seccións de burbullas ou capas de material varridos polo vento procedente da estrela Wolf-Rayet WR 134, a estrela máis brillante preto do centro do recadro. Estímase unha distancia que sitúa a WR 134 a uns 6.000 anos luz, abarcando o cadro uns 50 anos luz de diámetro. Estendendo as súas envolturas máis exteriores por potentes ventos estelares, as masivas estrelas Wolf-Rayet queimaron o combustible nuclear a unha velocidade prodixiosa e rematan esta fase final de evolución de estrela masiva nunha espectacular explosión de supernova. Os ventos estelares e as supernovas finais enriquecen o material estelar con elementos pesados que serán incorporados en xeracións futuras de estrelas.

Texto orixinal no APOD.