Venus transita o Sol de medianoite


Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN
Explicación: o solsticio de hoxe, o comezo astronómico do verán no norte, ocorre ás 23:09 TU cando o Sol chegue á declinación máis setentrional na súa andaina anual ao través do ceo do planeta Terra. Mentres a maior parte do hemisferio norte experimentará o día máis longo do ano, para algúns o Sol non se quedará queto en absoluto, ficando xusto por riba do horizonte á medianoite tan ao sur como a uns 66,5 graos de latitude norte. Por suposto, mentres o verán chega ao norte o Sol de medianoite chega más cedo a latitudes más altas. Esta serie temporal do 6 de xuño, gravada preto da medianoite, segue ao Sol esvarando por riba dun horizonte montañoso desde unha latitude de 69 graos norte. A abraiante escena mira ao norte sobre o Mar Noruegués desde Sortland (Noruega). O tránsito de Venus de 2012 xa está en progreso, co planeta irmá da Terra perfilado na parte superior esquerda contra o disco brillante do Sol de medianoite.
Texto orixinal no APOD.