Créditos da ilustración e copyright: Fiona Harrison et al., Caltech, NASAExplicación: que fica despois de que unha estrela explosione? Para axudar a averigualo, a NASA
lanzou o
Sistema Telescópico de Espetroscopía Nuclear (
Nuclear Spectroscopic Telescope Array ou NuSTAR) á órbita da Terra a semana pasada. A capacidade de
NuSTAR para enfocar os
raios X duros emitidos desde os núcleos de átomos empregarase, entre outras cousas, para inspeccionar os arredores dos
remanentes de supernova así como para comprender mellor por que sucederon estas supernovas, os tipos de obxectos resultantes e que mecanismos fan que os seus arredores brillen tan quentes.
NuSTAR tamén proporcionará á humanidade olladas sen precedentes á
quente coroa do noso Sol, os gases quentes nos
cúmulos de galaxias e
o burato negro supermasivo do
centro da nosa Galaxia. A imaxe superior é a ilustración dun artista que representa como traballa
NuSTAR. Os
raios X, semellantes a aqueles que empregan na consulta do teu dentista, entran no telescopio da dereita e
saltan aos dous conxuntos de
espellos paralelos que os enfocan nos detectores da esquerda. Un mastro longo pero de pouco peso afasta aos dous, e
todo o trebello é alimentado polos paneis solares da parte superior esquerda. Parte da emoción que arrodea a
NuSTAR non é só polas cousas que se agarda ollar, senón por
mirar ao universo dun xeito novo, polas cousas completamente descoñecidas que poderían descubrirse.
NuSTAR ten prevista unha vida de dous anos.
Conxunto de diapositivas (ASOW): NuSTAR por PI Fiona Harrison
Texto orixinal no APOD.