A Vía Láctea sobre Rapa Nui

Créditos da imaxe e copyright: Manel Soria

Explicación: por que foron construidas as estatuas de Rapa Nui (Illa de Pascua)? Ninguén está seguro. O que é ben certo é que existen alí más de 800 estatuas de pedra. As estatuas de Rapa Nui son de media o dobre de alto que unha persoa e teñen máis de 200 veces máis masa. Pouca cousa se sabe sobre a historia e o significado das inusuais estatuas se ben moitos pensan que foron creadas hai preto de 500 anos como imaxes dos líderes locais da civilización perdida. Fotografados enriba, algún dos xigantes de pedra iluminados en 2009 baixo a banda central da nosa galaxia Vía Láctea.

Texto orixinal no APOD.