Os aneis de Xúpiter á vista

Cráditos da imaxe: M. Belton (NOAO), J. Burns (Cornell) et al., Galileo Project, JPL, NASA

Explicación: por que Xúpiter ten aneis? Os aneis de Xúpiter foron descubertos en 1979 durante o paso da sonda espacial Voyager, pero a súa orixe é un misterio. Os datos da sonda Galileo que orbitou Xúpiter dende 1995 a 2003 confirmaron máis tarde que eses aneis foron creados polos impactos de meteoroides nas súas pequenas lúas cercanas. Se chocara un meteoriode chocara coa pequena Adrastea, por exemplo, e fixera un pequeno burato na lúa vaporizaríase e o lixo e a poeira caería nunha órbita xoviana. Ilustrada enriba hai un Sol eclipsado por Xúpiter, tal e como se ollaba dende a Galileo. Poden ser vistos pola luz sola reflexada as pequenas partículas no alto da atmósfera de Xúpiter, así como as partículas de poeira que compoñen os aneis,

Texto orixinal no APOD.