APOD cumpre 17 anos

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Judy Schmidt

Explicación: o primeiro APOD apareceu hai dezasete anos, o 16 de xuño de 1995. Se ben ese día a páxina soamente recibiu 14 visitas, sentímosos fachendosos de estimar que APOD xa serviu na última 1,7 décadas máis de mil millóns de imaxes relacionadas co espazo. Este inicio precoz, xunto cun formato case invariable, permitiu a APOD converterse nun lugar familiar e consistente dentro nunha web chea de cambios. Moita xente non sabe que hoxe en día APOD tradúcese de xeito cotiá á maioría das grandes linguas e figura nos medios sociais e nas aplicacións para os teléfonos intelixentes. Unha vez máis agradecemos aos nosos lectores e á NASA polo seu continuado apoio, e aos colegas que crearon as grandes ilustracións, moitas veces cun considerable esforzo, que APOD tivo a fortuna de ofrecer ao longo destes anos. Moitas delas poden atoparse seguindo as ligazóns que aparecen na liña de créditos baixo a imaxe. O collage do cabodano de hoxe inclúe numerosas galaxias capturadas polo Telescopio Espacial Hubble.

Texto orixinal no APOD.