Un tránsito de Venus sobre o Mar Báltico

Créditos a imaxe e copyright: Jens Hackmann
Explicación: agardar anos e viaxar quilómetros; todo para acadar un disparo coma este. E incluso con todo isto planeado, un bo anaco de sorte foi útil. Mentres o Sol se erguía sobre o Mar Báltico o pasado mércores tal e como se vía desde a Illa Fehmarn ao norte de Alemaña, o fotógrafo Jens Hackmann estaba listo para que o moi estraño punto negro de Venus aperecera sobreposto. O menos agardado eran as texturas de nubes e calima que embazarían diferentes niveis do Sol e as súas variadas sombras de vermello. E posiblemente o regalo máis afortunado de todos foi un escintileo dun raro destello verde na parte máis alta do Sol. Naturalmente, a imaxe superior é só unha das moitas imaxes espectaculares realizadas a pasada semana do último tránsito do planeta Venus atravesando a faciana do Sol durante os vindeiros 105 anos.

Vota: APOD inicia o concurso de escritura científica Three Quarks Daily 2012.
Texto orixinal no APOD.