Glóbulos de Thackeray

Créditos e copyrightT. Rector (U. Alaska Anchorage) e N.S. van der Bliek (NOAO/AURA/NSF)
Explicación: estes peluxes son máis grandes dos que atoparás baixo a túa cama. Localizadas en campos ricos de estrelas e brillantes polo gas hidróxeno, estas nubes opacas de po interestelar e gas son tan grandes que poderían ser quen de formar  estrelas. O seu fogar coñécese coma IC 2944, unha gardería estelar brillante ubicada a uns 5.900 anos luz de distancia cara a constelación de Centaurus. O máis grande destes glóbulos escuros, atopado por primeira vez polo astrónomo sudafricano A. D. Thackeray en 1950, parécese a dúas nubes afastadas pero solapadas, cada unha de máis de un ano luz de ancho. A imaxe superior en cores simulados tirada polo telescopio Blanco de 4 m no Cerro Tololo (Chile), xunto con outros datos, apunta a que os glóbulos de Thackeray se fracturan e remexen coma resultado dunha potente radiación ultravioleta que procede de estrelas quentes e novas, que xa quecen e excitan a nebulosa de emisión brillante. Sábese que estes e outros glóbulos escuros parecidos se asocian con outras rexións de formación estelar e poden, ao final, disiparse polo seu contorno hostil; como cadullos cósmicos de manteiga nunha tixola quente.

Texto orixinal no APOD.