Un vídeo musical do tránsito de Venus, dende a SDO

 

Créditos: Solar Dynamics Observatory, SVS, GSFC, NASA; Música: Requiem for a Dream (Clint Mansell)

Explicación: que é ese punto negro movéndose polo Sol? Venus. Posiblemente a visión máis clara de Venus pasando fronte ao Sol a semana pasada, vista dende a órbita terrestre . O Solar Dynamics Observatory obtivo unha vista ininterrompida, gravándoa, non só en luz óptica, senon tamén na banda de luz ultravioleta. Ilustrado enriba hai un vídeo con acompañamento musical e composto coa serie de tránsitos. Se ben o evento podería ser un éxito científico por determinar moito millor os compoñentes da atmósfera de Venus, o suceso foi un éxito cultural por participar xente de todo o mundo na observación do raro fenómeno astronómico. Xa comezou a mostrarse con orgullo un gran número de imaxes ben espectaculares deste tránsito de Venus, tiradas dende todas as partes do mundo, incluso dende o ceo.

Texto orixinal no APOD.