Dous novos telescopios da calidade do Hubble, un agasallo para NASA

Créditos: NASA

Explicación: que pasaría se te deran gratis un novo telescopio Hubble? E que tal dous? A comunidade astronómica está que ferve con oportunidade de que a National Reconnaissance Office [Oficina Nacional de Recoñecemento] dos Estados Unidos transferira de xeito inesperado á NASA dous dos seus telescopios, da calidade do Hubble. O emprego deses telescopios para adicalos aś prioridades científicas actuais xa comezou, pero as indicacións preliminares sosteñen que un deles podería ser extremadamente útil na procura tanto de planetas extrasolares como de galaxias distantes e supernovas, o que permitiría explorar millor a natureza da enerxía escura. Se ben inicialmente son gratuitos, facer operacional un telescopio e equipalo con cámaras útiles podería ser moi caro, e é por iso que a NASA está sendo decididamente coidadosa para adaptar os novos telescopios ao seu orzamento inicial. Ilustrado enriba, o telescopio espacial Hubble orixinal flota sobre a Terra durante unha misión de servizo en 2002.

Texto orixinal no APOD.