Venus ao bordo

Créditos da imaxe: JAXA, NASA, Lockheed Martin

Explicación: O tránsito de 2012, o 6 de xuño, comeza así, cando o o planeta irmán da Terra cruza o bordo do Sol nesta abraiante vista da sonda espacial Hinode. O tempo que media entre o cruce dos limbos* durante os raros tránsitos foi empregado ao longo da historia para triangular a distancia a Venus e determinar a distancia Terra-Sol, chamada Unidade Astronómica. Con todo, as modernas vistas dende o espacio como estas  mostran o evento contra o evocador fondo da turbulenta superficie solar, na que as prominencias elévanse sobre o bordo do Sol polos campos magnéticos xiratorios. De xeito notable o delgado anel de luz que rodea a escura silueta do planeta é a luz do Sol refractada pola densa atmósfera de Venus.

*[N. do T.: o limbo é o bordo dun corpo celeste tal e como se olla dende a Terra.]

Texto orixinal no APOD.