Cando Venus se ergue co Sol


Créditos da imaxe e copyright: Emil Ivanov
Explicación: esta espectacular imaxe con teleobxectivo no medio do Mar Negro do 6 de xuño atopa a Venus erguéndose co Sol, o planeta perfilado contra un disco solar avermellado e irregular. Naturalmente, a luz vermella débese á difusión da atmosfera do planeta Terra e o raro tránsito de Venus non influíu no Sol estrañamente distorsionado e deformado. De feito, ollar o Sol coa forma dun Vaso Etrusco é relativamente común, especialmente se o comparamos cos tránsitos de Venus. No solpor e no mencer, os efectos da refracción atmosférica resaltan as liñas de visión longas e baixas, e os elevados gradientes de temperatura atmosférica producen as vdistorsións visuais e os espellismos. Esa situación é miúdo favorecida por un horizonte mariño.
Texto orixinal no APOD.