Lúa eclipsada sobre Wyoming

Créditos e copyright: Mack H. Frost
Explicación: unha Lúa chea poñéndose dificilmente se parecerá a isto. O luns pola mañá, xusto antes de que unha Lúa de Amorodo completamente alumeada descendera por tras de Absaroka Mountain Range preto de Cody (Wyoming – EUA), a sombra da Terra estorbouna. De xeito semellante, unha eclipse lunar parcial poñéndose ollábase ao través da mayor parte de Norte e Sudamérica, mentres ao mesmo tempo a mesma Lúa parcialmente escurecida era visible ao través de todo o levante asiático. En primeiro plano, aparece fotografada unha estructura de banco de neve coñecida como a Cabeza do Cabalo que é tributaria do río Shoshone. As eclipses lunares acontecen unhas dúas veces nun ano e, a vindeira, unha eclipse penumbral, pasará a finais de novembro

.
Galería do tránsito de Venus: navega ou contribúe!
Texto orixinal no APOD.