O Sol en directo: agardando a que Venus cruce

Créditos da imaxe: NASA/SDO & the AIA, EVE e HMI teams
Explicación: hoxe Venus móvese por diante do Sol. Un xeito de seguir este raro acontecemento é recargar activamente a imaxe superior en directo do Sol durante o intervalo temporal correcto e buscar un estraño punto circular escuro. As zonas escuras desparramadas máis pequenas son manchas solares. O punto circular é o planeta Venus. O punto escuro aparecerá só durante unhas poucas horas moi específicas, desde aproximadamente as 22:10 do 5 de xuño de 2012 ata as 4:50 do 6 de xuño de 2012, Hora Universal. Este tránsito é a clase de eclipse solar máis rara coñecida; moito máis rara ca unha eclipse de Sol pola Lúa ou incluso polo planeta Mercurio. De feito, o vindeiro tránsito de Venus ao través do Sol será en 2117. Calquera cunha visión clara do Sol pode saír e ollar con coidado o tránsito por si mesmo mediante a proxección da luz solar ao través dun burato nunha tarxeta sobre unha parede. Debido a que este tránsito de Venus é tan pouco habitual e visible desde gran parte da Terra, agárdase que sexa un dos acontecemento celestes máis fotografados da historia. A imaxe superior en directo do Sol esta a ser tomada polo Observatorio de Dinámica Solar ou Solar Dynamics Observatory que orbita á Terra e pode actualizarse cada 15 minutos.
Texto orixinal no APOD.