A Vía Láctea, condenada a unha colisión con Andrómeda

Illustration Credit: NASA, ESA, Z. Levay and R. van der Marel (STScI), and A. Mellinger

Explanation: colisionará a nosa Vía Láctea un día coa súa maior veciña, a galaxia de Andrómeda? O máis seguro é que sí. Most likely, yes. Un coidadoso trazado dos leves desprazamentos das estrelas da M13 en relación ás galaxias de fondo nas recentes imaxes do Hubble Space Telescope [Telescopio Espacial Hubble] indican que o centro de M31 podería estar en nuha ruta de colisión directa co centro da nosa galaxia. Se embargo, os erros de medición de velocidade semellas grandes de abondo como para que haxa bastante probabilidade de que as partes centrales das dúas galaxias se esquiven lixeiramente, pero pasarán suficientemente cerca como para que os seus haolo queden gravitacionalmente enleados. Cando eso ocurra as dúas galaxias quedarán vencelladas, bailando unha coa outra, para finalmente fundirse e converterse nunha gran galaxia elíptica, o que sucederá nuns cantos miles de millóns de anos. Mostrada enriba hai unha ilustración artística do ceo dun mundo dun futuro distante, cando os centros de cada galaxia comecen a destruirse mutuamente. É probable que futuro exacto da nosa Vía Láctea e do entorno do Grupo Local de Galaxias permaneza sendo un activo tema de investigación durante anos.

Texto orixinal no APOD.