Un pintoresco tránsito de Venus

Créditos da imaxe e copyright: David Cortner

Explicación: o inusual tránsito de Venus sobre a superficie do Sol en 2004 foi un dos eventos máis fotografados na historia do ceo. Houbo unha inundación de imaxes tanto artísticas como científicas procedentes das áreas dende a cales se ollou o tránsito: Europa e a maior parte de Asia, África e Norteamérica. Dende o punto de vista científico os fotógafos solares confirmaron que o efecto de gota negra está máis relacionado coa claridade de visión da cámara ou o telescopio que coa atmósfera de Venus. Dende o punto de vista artístico as imaxes poderíanse dividir en varias categorías. Un tipo captura o tránsito sobre un Sol altamente detallado. Outra categoría captura unha dobre coicidencia, como a de Venus e un avión siluetedados simultáneamente, ou Venus e a Estación Espacial Internacional en órbita baixa sobre a Terra. Un terceiro tipo de imaxes inclúen unha composición fortuita dede nubes interesante de ver, tal e como se mostra na imaxen superior, tomada en Carolina do Norte, nos Estados Unidos. Os entusiastas do ceo ferven ante o vindeiro tránsito de Venus do martes. Sería interesante preguntarse se alguén vivirá para ollar (e recordalo) tanto o tránsito de Venus do martes como o seguinte, no ano 2117.

Texto orixinal no APOD.