M51: a galaxia do remuíño

Créditos da imaxe e copyright: Marco Burali, Tiziano Capecchi, Marco Mancini (Osservatorio MTM)

Explicación: segue o mango do Gran Cazo [o Setestrelo, ou Osa Maior] máis aló da taza ata acadar a derradeira estrela brillante. Logo desliza o telescopio un pouco ao sur e ao oeste, e poderás atopar esta impresionante parella de galaxias en interacción, a entrada 51 do famoso catálogo de Charles Messier. Pode que a nebulosa espiral orixinal, a gran galaxia coa estructura en espiral tan ben definida, apareza catalogada tamén como NGC 5194. Os seus brazos espirais e os seus carreiros de poeira exténdense con claridade diante da súa galaxia compañeira (situada enriba), a NGC 5195. A parella atópase a preto de 31 millóns de anos luz de distancia e oficialmente está nos límites angulares da pequena constelación de Canes Venatici. Se ben a M51 semella difusa e feble ao ollo humano as imaxes profundas coma esta poden revelar os tenues restos de marea ao redor da galaxia máis pequena.

Texto orixinal no APOD.