Ollando atrás a unha Terra eclipsada


Créditos da imaxe: PHL @ UPR Arecibo, NASAEUMETSATNERC Satellite Receiving Station, U. Dundee
Explicación: que é esa mancha escura sobre o planeta Terra? É a sombra da Lúa. A imaxe superior da Terra tomouse a pasada semana polo MTSAT durante unha eclipse anular do Sol. A mancha escura parece bastante estraña mentres que as nubes son brancas e os océanos azuis nesta imaxe de cor corrixida. Os terrícolas que residen dentro da mancha escura verían parte do Sol bloqueado pola Lúa e por tanto receben menos luz solar do normal. A mancha moveuse ao través da Terra a case 2.000 quilómetros por hora, dándolle a moitos observadores menos de dúas horas para ollar ao Sol parcialmente eclipsada. O MTSAT rodea á Terra nunha órbita xeoestacionaria e por tanto tomou a imaxe de enriba desde unha distancia dunhas tres veces o diámetro terrestre. Os entusiastas do ceo poderían querer manter os seus ollos apuntando ao alto esta semana que vén mentres ocorrerá unha eclipse parcial da Lúa o 4 de xuño e un tránsito de Venus atravesando a faciana do Sol o 5 de xuño.
Texto orixinal no APOD.