Sentinelas do Ártico

Créditos da imaxe e copyright: Niccolò Bonfadini
Explicación: quen garda o norte? A xulgar pola fotografía de enriba, posiblemente estas árbores xigantes cubertas de neve e xeo. A imaxe tomouse o pasado inverno na Laponia finlandesa onde o tempo pode incluír temperaturas por baixo do punto de conxelación e fortes nevaradas. As paisaxes surreais ás veces convértense, onde as árbores comúns se cobren de branco, e semellan, para algúns, a vixías doutro mundo. Na distancia ao lonxe, por tras desta vista terrestre pouco común, hai una visión máis habitual; un Cinto de Venus que dividía a escuridade do ceo alumeado polo Sol mentre o Sol asoma por tras do fotógrafo. Naturalmente, na primavera, as árbores desconxélanse e Laponia semella moi diferente.
Texto orixinal no APOD.

Unha reflexión sobre “Sentinelas do Ártico

  1. Lémbranme aos “penitentes” que se forman no alto de Chandjator, en Chile, onde o ESO ten parte dos seus observatorios astronómicos. A combinación de frío, aire e orografía, conforman as condicións para que se fagan unhas estructuras xeadas espectaculares. Nunha revista teño unha foto con xente paseando entre eles, que da idea do seu tamaño. Pero agora só atopo esta na web do ESO:
    http://www.eso.org/public/chile/images/potw1221a/

Os comentarios están pechados.