Sentinelas do Ártico

Créditos da imaxe e copyright: Niccolò Bonfadini
Explicación: quen garda o norte? A xulgar pola fotografía de enriba, posiblemente estas árbores xigantes cubertas de neve e xeo. A imaxe tomouse o pasado inverno na Laponia finlandesa onde o tempo pode incluír temperaturas por baixo do punto de conxelación e fortes nevaradas. As paisaxes surreais ás veces convértense, onde as árbores comúns se cobren de branco, e semellan, para algúns, a vixías doutro mundo. Na distancia ao lonxe, por tras desta vista terrestre pouco común, hai una visión máis habitual; un Cinto de Venus que dividía a escuridade do ceo alumeado polo Sol mentre o Sol asoma por tras do fotógrafo. Naturalmente, na primavera, as árbores desconxélanse e Laponia semella moi diferente.
Texto orixinal no APOD.