Contemplando o Sol

Créditos da imaxe e copyright: Steven Gilbert

Explicación: contemplaches recentemente a túa estrela? Fotografado enriba, un Sol parcialmente eclipsado pola Lúa na parte superior esquerda é á súa vez eclipsado, abaixo, por terrícolas contemplando a eclipse. A colección de siluetas de enriba foi tirada na Glenn Canyon National Recreational Area [Área recreativa nacional do Glenn Canyon] preto de Page, Arizona, Estados Unidos, onde os gardabosques e os astrónomos posaron no inusual evento. Apenas visibles no disco do Sol, xusto na parte inferior dereita do escuro disco da Lúa, hai un grupo de manchas solares. Ainda que emocionante, algúns consideran este evento un anticipo para a próxima ocasión de contemplar o Sol: unha eclipse, moito máis rara, provocada polo planeta Venus.

Texto orixinal no APOD.