Na procura de Mercurio

Créditos da imaxe: SOHOEIT Consortium, NASA

Explicación: podes descubrir o planeta? O minúsculo disco de Mercurio, o planeta máis interno do sistema solar, empregou preto de cinco horas en cruzar por diante do enorme disco solar, tal e como foi ollado dende a veciñanza do planeta Terra en 2003. O Sol estivo sobre o horizonte durante o tránsito completo para os observadores de Europa, África, Asia, ou Australia, e o horizonte non foi certaimente un problema para a sonda SOHO, que esculca o Sol. Vista como unha mancha negra, Mercurio progresa dende a esquerda á dereita (de enriba a abaixo da composición) nestas catro imaxes da cámara de ultravioleta extremo da SOHO. A falsa cor dos paneis correspóndese con diferentes lonxitudes de onda do ultravioleta extremo que destacan as rexións por enriba da superficie do Sol. Este foi o primeiro dos 14 tránsitos de Mercurio que van ocorrer durante o século XXI. A semana que ven vai ter lugar un evento moito máis extrano pero máis doado de descubrir: un tránsito de Venus polo disco solar? Necesitas axuda para descubrir Mercurio. Pois preme na imaxe.

Texto orixinal no APOD.