No bordo da NGC 891

Créditos: Datos de composición da imaxe – Subaru Telescope (NAOJ), Hubble Legacy Archive, Michael Joner, David Laney (West Mountain Observatory, BYU); procesamento – Robert Gendler

Explicación: este detallado retrato cósmico mostra a  NGC 891. A galaxia espiral abrangue preto de 100 anos luz, e óllase case de perfil dende a nosa perspectiva. De feito, a preto de 30 millóns de anos luz de distancia, na constelación de Andrómeda, a NGC 891 óllase moi semellante á nosa Vía Láctea. A primeira vista ten un disco galáctico delgado e chan e un vulto a central con un corte polo medio de rexións de poeira escurecida. A imaxe, unha combinación de datos, tamén mostra os cúmulos de estrelas azuis da galaxia e reveladoras rexións de formación estelar, de cor rosa. De xeito desacado, na presentación de perfil de NGC 891 hai fíos de poeira que exténdense centos de anos luz por enriba e por debaixo da liña central. É probable que a poeira fora expulsada do disco polas explosións das supernovas ou pola intensa actividade de formación estelar. Preto do disco desta galaxia tamén poden ser olladas febles galaxias veciñas.

Texto orixinal no APOD.