O Escorpión en vermello e azul


Créditos da imaxe e copyrightJohn Davis
Explicación: as nubes de po cósmico atenúan a luz das estrelas do fondo. Pero tamén reflicten a luz das estrelas achegadas. Como as estrelas brillantes tenden a radiar moi forte na parte azul do espectro visible e, o po interestelar difunde a luz azul máis fortemente que a vermella, as nebulosas de reflexión poeirentas tenden a seren azuis. Exemplos fermosos son as tenues nebulosas de reflexión azuis preto das estrelas quentes e brillantes Pi e Delta Scorpii (arriba á esquerda e abaixo á dereita) nesta paisaxe telescópica da cabeza da constelación Scorpius. Por suposto, as opostas nebulosas de emisión vermella tamén son provocadas por la radiación da potente radiación de estrelas quentes. Os fotóns ultravioletas ionizan os átomos de hidróxeno das nubes interestelares que producen a característica liña de emisión vermella do hidróxeno alfa mentres os electróns se recombinan. A uns 600 anos luz de distancia, as nebulosas atópanse na segunda versión do Catálogo Sharpless coma Sh2-1 (á esquerda, coa nebulosa de reflexión VdB 99) e Sh2-7. A esa distancia, este campo de visión ten uns 40 anos luz de diámetro.
Texto orixinal no APOD.