O Falcon 9 de SpaceX despega cara a Estación Espacial

Créditos da imaxe: NASA

Explicación: este dragón de fogo! Fotografado arriba onte, o foguete Falcon 9 da empresa SpaceX cunha nave espacial Dragon na parte superior despegou desde Cabo Canaveral (Florida – EUA). Este lanzamento exitoso foi importante non só porque demostrou que unha compañía privada ten a capacidade de re-abastecer a Estación Espacial Internacional (ISS), senón tamén que o voo espacial quitouse de enriba un paso importante de ser un esforzo que só os grandes gobernos poden facer con cartos públicos. Se todo segue como se planeou, o Dragón robótico atracará na ISS esta fin de semana. Durante as dúas vindeiras semanas, a tripulación da expedición 31 da ISS descargará entón o Dragón e encherao con equipamento científico usado. Nunhas tres semanas, o brazo robótico da ISS desatracará o Dragón e moverao a onde poida acender os seus foguetes. Apenas un pouco despois, agárdase que a cápsula Dragón faga a súa re-entrada na atmósfera da Terra, despregue os seus paracaídas, americe no Océano Pacífico fronte á costa de California e será recuperado.

Texto orixinal no APOD.

2 reflexións sobre “O Falcon 9 de SpaceX despega cara a Estación Espacial

  1. Coido que hoxe fomos incapaces de meter o vídeo, xa que é un “script” diferente e nin usaron Youtube nin Vimeo. A ver se arranxamos ao longo do día.

Os comentarios están pechados.