Unha eclipse solar parcial sobre Texas

Créditos da imaxe e copyright: Jimmy Westlake (Colorado Mountain College)
Explicación: tratábase dun típico solpor de Texas agás que a maior parte do Sol andaba desaparecida. A ubicación do anaco perdido do Sol non era un misterio; atopábase por tras da Lúa. A eclipse parcial do Sol pola Lúa da noite do sábado converteuse nun dos eventos astrónomicos máis fotografado da historia. Galería en liña tras galería está a enviar precisamente unha imaxe abraiante da eclipse tras outra. A imaxe superior posiblemente sexa unha das imaxes máis interesantes enviada; un Sol parcialmente eclipsado poñéndose nun ceo avermellado por tras da maleza e un muíño de vento. A fotografía tomouse o domingo á noite desde unhas 20 millas ao oeste de Sundow (Texas, EUA) xusto despois de que o efecto de anel de lume se rachou polo movemento da Lúa desde o centro do Sol. A primeiros do vindeiro mes chega un evento astronómico que promete ser incluso máis fotografado; a última eclipse parcial do Sol por Venus deica o ano 2.117.
Texto orixinal no APOD.